miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida unha muller após unha colisión cun camión en Viveiro

Ferida unha muller após unha colisión cun camión en Viveiro
Foto de arquivo
Ferida unha muller após unha colisión cun camión en Viveiro

Foi liberada polos Bombeiros de Viveiro e trasladada a un centro hospitalario da localidade.

Unha muller resultou ferida esta mañá despois de que o coche que conducía chocase contra un camión. O accidente tivo lugar sobre as 09:30 horas en Covas, no concello de Viveiro. 

Desprazáronse ata o lugar os Bombeiros de Viveiro, tras ser alertados polo 112 Galicia. Unha vez no punto,  indicaron que foi preciso sacar á muller pola parte dianteira do vehículo debido aos danos causados. Así, unha vez liberada, a muller foi trasladada polo persoal sanitario a un centro hospitalario da localidade.

Tras recibir a alerta dun particular, que advertía da posibilidade dunha persoa atrapada no turismo, o 112 Galicia ademais de pasar aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros, informou do acontecido á Policía Local , Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do Grumir e de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más