Excarcerado un condutor que caeu co seu turismo por un terraplén en Vimianzo
09:21 12/11/18
09:21 12/11/18
O 112 Galicia recibiu a alerta sobre as 18:30 horas e o ferido foi rapidamente liberado polos bombeiros.
Un condutor resultou ferido despois de caer por un terraplén co seu turismo cando circulaba á altura do lugar da Lagoa en dirección Cee, no concello de Vimianzo.
O 112 Galicia recibiu a alerta dun particular sobre as 18:30 horas da tarde, indicando que un coche se precipitara por un desnivel duns 30 metros. Foron informados inmediatamente os servizos sanitarios de urxencia e tamén os Bombeiros de Cee, os axentes de Tráficos e os efectivos de Protección Civil da zona. O ferido foi excarcerado polos bombeiros nada máis chegar ao punto do accidente.