Trasladan a unha persoa ao Hospital pola inhalación de fume por mor da mala combustión dunha cheminea
12:00 11/11/18
12:00 11/11/18
Sucedeu no lugar de Xoane, na parroquia de Carcacia, ao fio das 05:30 horas
Unha persoa foi trasladada esta madrugada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ao sufrir unha intoxicación pola mala combustión dunha cheminea nunha panadería en Padrón.
Sucedeu no lugar de Xoane, na parroquia de Carcacia, ao fio das 05:30 horas.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través dunha persoa particular e, decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Padrón, da Policía Local, da Garda Civil e dos Bombeiros de Boiro.