miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O xefe de inspección recibe esta mediodía aos pais do IES de Brión

O xefe de inspección recibe esta mediodía aos pais do IES de Brión
O xefe de inspección recibe esta mediodía aos pais do IES de Brión

BNG pedirá explicacións e solucións á Consellaría de Educación para garantir un ensino de calidade na sesión de control ao goberno

Novamente os pais e nais poderán charlar con xefe de inspección na Coruña para presentar as súas demandas de cara o novo curso académico no IES de Brión.

Pola tarde, membros da ANPA visitarán o Parlamento de Galicia na sesión de control porque o BNG e En Marea levan preguntas á Xunta sobre a situación do instituto brionés.

Parte dos alumnos de 2º bacharelato incorporáronse as súas clases de maneira voluntaria pero siguen apoiando as protestas. Só 57 de 383 alumnos entraron nas clases do centro.

A OPOSICIÓN PIDE EXPLICACIÓNS

O BNG pedirá explicacións e solucións á Consellaría de Educación para garantir un ensino de calidade, “porque non pode seguir mirando cara outro lado ante as demandas de pais e nais e do conxunto da comunidade educativa”, indicou Rodil, quen tildou de “indecente” que a Xunta non dote dos recursos suficientes a centros de ensino que están a aumentar a matrícula.

O lider dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, acusou ao PP de estar “desfigurando a educación pública galega” a través do recorte de persoal, cando non directamente o peche de centros e aulas, “esquecendo” as necesidades dunha educación pública de calidade. Sinalou que precisamente o centro de Brión atópase “paralizado pola incapacidade da Xunta de atopar unha solución, reducindo o profesorado e a capacidade dunha oferta educativa de calidade”.

Comentarios
Lo más