miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

eleccións

A participación baixa cinco puntos respecto de 2016 e non chega ao 60%


A participación, que subira máis de catro puntos no primeiro avance de datos dado este domingo, ás 12,00 horas, situouse en niveis similares a fai catro anos coas cifras dos votantes que acudiran ás urnas ás 17,00 horas.

Presentan alegacións contra o protocolo da Xunta que convida a levar o voto de casa por "fraude electoral"

A reclamación denuncia "unha campaña de publicidade institucional do executivo da Xunta de Galicia que, segundo consideran, se entromete no proceso electoral invadindo competencias" da xunta electoral.

Un debate de alianzas claras y unión contra un Feijóo que se ve como único gestor posible

En el debate se vivió un todos contra el rival a batir, Feijóo, que se presentaba como única alternativa seria ante una coalición de 10 partidos

A Xunta Electoral desestima o recurso do BNG contra o tempo que se lle dedica na CRTVG

Di que non se aprecia a "falta de proporcionalidade" que denuncia o Bloque.

O BNG revalida as listas do 5A e Ana Pontón mantén a súa “ilusión de ser a primeira muller presidenta” da Xunta

Los ayuntamientos piden apoyo económico ante el gasto acumulado en servicios sociales y la aparición de nuevos usuarios

Caballero ve o partido "satisfeito e ilusionado" coas listas

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, quen se presenta ás eleccións autonómicas como cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, reuniuse este viernes cos números un pola Coruña, Lugo e Ourense, Pablo Arangüena, Patricia Otero e Marina Ortega, respectivamente.

Noriega asegura que o acordo con Podemos e EU "recolle o legado" dos últimos anos e non desvela se irá en listas

"Pero eramos conscientes de que a demanda da cidadanía implicaba estar á altura das circunstancias", sinalou o exalcalde de Santiago, que puxo en valor o exercicio de "xenerosidade" das partes e asegurou que o acordo supuxo unha "mala noticia" para Feijóo.

Gonzalo Caballero prevé un "tsunami" para "sacar a Feijóo da Xunta"

Renovación, experiencia e unha importante presenza feminina. Son algunhas das claves avanzadas este venres polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sobre as listas coas que a súa formación sairá cara ás eleccións do próximo 5 de abril "para pilotar o cambio político" e lograr "unha maioría de progreso" que se converterá nun 'tsunami' de votos para "sacar a Feijóo" da Xunta.

O BNG pide á CRTVG un debate "plural" en horario de máxima audiencia

"Esperamos que Feijóo non se acovarde ante un debate co BNG e coa candidata Ana Pontón, que non teña medo a contrastar proposta, modelos de país e iniciativas de futuro ante os galegos", manifestou o secretario de Comunicación da Executiva Nacional, Xavier Campos.

'Genova' descarta a coalición con Cs en Galicia por entender que Feijóo xa reúne o voto de centro-dereita

A dirección estatal do PP descartou de novo este luns unha coalición con Ciudadanos en Galicia por entender que o voto de centro-dereita xa está aglutinado ao redor das siglas do PP que lidera Alberto Núñez Feijóo, pero cre que están a tempo de alcanzar un acordo para concorrer xuntos no País Vasco, sinalaron fontes da cúpula do partido.

En Marea e Anova explorarán a posibilidade dunha coalición electoral

Anova e En Marea están condenadas a entenderse se non queren ser irrelevantes no panorama político galego. Tras a decisión de Podemos de encarbezar con Antón Gómez-Reino as listas do espazo rupturista e de intentar impoñer o poder que ostenta en Madrid e no Goberno central para elaborar a candidatura, Anova quedou completamente descolocada. O mesmo lle pasou a En Marea de Luís Villares, tras o rotundo non do BNG a unha coalición electoral. 

As eleccións do 5A en cifras

Case 2,7 millóns de persoas están chamadas a votar en Galicia, 72.964 por primeira vez nunhas autonómicas.

Os partidos recibirán 21.737 euros por escano e 0,8 euros por voto se teñen representación

Tamén se sufragan os gastos ocasionados polo envío directo e persoal aos electores de sobres e papeletas electorais ou propaganda e publicidade electoral, a razón de 0,23 céntimos por elector.

Gonzalo Caballero reta a Feijóo a unha "cara a cara"

O candidato de PSdeG á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, retou o presidente do Goberno galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a unha "cara a cara" para debater sobre os problemas de Galicia e as súas solucións.

PP, PSdeG e BNG, forzas que contan con candidato á Xunta á espera do que faga o rupturismo

PPdeG, PSdeG e BNG son as únicas forzas que xa teñen un candidato claro para as eleccións á Presidencia da Xunta que terán lugar o próximo día 5 de abril despois de que este martes o actual titular do Goberno galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, confirmase que optará a un cuarto mandato. 

O prazo para solicitar o voto por correo estará aberto até o 26 de marzo

Os cidadáns que queiran votar por correo nas eleccións ao Parlamento galego poden solicitar ata o día 26 de marzo, en calquera oficina de Correos de España, o certificado da súa inscrición no Censo Electoral de Galicia. A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia.

O Parlamento despide a lexislatura co ritmo lexislativo máis baixo de toda a historia

O precipitado adianto electoral despediu de forma abrupta a actividade parlamentaria no Pazo do Hórreo, onde na mañá deste martes, cando xa estaba publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto da súa disolución, aínda se podían ver programadas nas pantallas de televisión a comisión de educación e a reunión de portavoces ordinaria, que tería que organizar o pleno da próxima semana. 

Feijóo anuncia o que era un segredo a voces: "Se o meu partido quere, eu quero ser o candidato"

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo 'oficial' este martes ante os seus que optará a un cuarto mandato. "Ante calquera dúbida, elección e cuestión sempre dixen Galicia", rememorou, antes de proclamar que, unha vez máis, se o seu partido "está disposto", el está "a disposición de Galicia".


A esquerda ten só dez días de prazo para formalizar coalicións

A publicación este martes da convocatoria oficial das eleccións en Galicia para o 5 de abril abrirá un prazo de dez días para o rexistro de coalicións electorais, que quedará pechado na medianoite do 21 de febreiro.

Lo más