miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O prazo para solicitar o voto por correo estará aberto até o 26 de marzo

O prazo para solicitar o voto por correo estará aberto até o 26 de marzo
O prazo para solicitar o voto por correo estará aberto até o 26 de marzo

Os cidadáns que queiran votar por correo nas eleccións ao Parlamento galego poden solicitar ata o día 26 de marzo, en calquera oficina de Correos de España, o certificado da súa inscrición no Censo Electoral de Galicia. A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia.

Segundo informou Correos, esta solicitude debe ser realizada persoalmente por cada elector, agás en caso de enfermidade ou discapacidade acreditadas mediante certificación médica oficial que impida a formulación persoal da devandita petición, puidendo ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar que son eles presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais correspondentes da Oficina do Censo Electoral, quen enviarán aos solicitantes, entre o 16 e o 29 de marzo, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

Comentarios
Lo más