miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Frades inviste case 28.000 euros no arranxo de tres pontes

Frades inviste case 28.000 euros no arranxo de tres pontes
Frades inviste case 28.000 euros no arranxo de tres pontes

Danadas polos temporais do pasado inverno

O Concello de Frades vén de rematar o arranxo de tres pequenas pontes no municipio que resultaron danadas durante os temporais do pasado inverno. As tres pontes arranxadas están situadas nas pistas Quintá-Papucín, San Mauro-Frades e Carballal-Papucín. O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “tratouse de pequenos arranxos nas cabezas dos tubos e algúns recheos para paliar o que levou a riada daqueles días”.

Os traballos foron acometidos con fondos propios a través dun contrato menor e nos que se investiron 27.749 euros. Un investimento que tamén permitiu a colocación de tubos para a recollida de augas pluviais na Gándara, parroquia de Abellá, e a execución dunhas cunetas en formigón en Tarrentos, parroquia de Añá.

Comentarios
Lo más