A contía destinada a estas axudas é de 36.196,68 euros
Adxudicadas por 98 mil euros
Danadas polos temporais do pasado inverno
O Concello de Frades vén de instalar xogos infantís e un circuíto biosaudable para a terceira idade no local social de Añá, construído o ano pasado grazas a un investimento de preto de 82.000 euros cofinanciados polo Plan Leader e a entidade municipal.
O Concello de Frades vén de investir 82.038,81 euros no arranxo do camiño que une a AC-524 coas localidades de Fondevila e Cheda, así como na mellora dos accesos ás localidades de Fondevila e O Canedo. Tres obras emprazadas na parroquia de Abellá e que foron adxudicadas á empresa Cosmalca SL.
Ten previsto rozar 10,5 hectáreas de parcelas grazas ao convenio de prevención e loita contra lumes forestais asinado con Medio Rural
As obras foron financiadas cunha achega de 42.505 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Nove mulleres de Frades veñen de rematar as 200 horas formativas dun curso de monitor de tempo libre organizado polo Concello de Frades e impartido por persoal da Escola Galega de Tempo Libre.
Instalaron xogos termoplásticos e o Concello pon tres persoas a disposición do colexio para cumprir coas esixencias sanitarias
O Concello de Frades vén de clausurar os seus campamentos municipais de verán que, debido á pandemia da Covid-19 e ás peticións realizadas dende as familias, finalmente tiveron lugar ata o presente mes de setembro. Deste xeito, esta edición convértese na máis longa na historia do municipio, pois os campamentos desenvolvéronse entre o 29 de xuño e o 4 de setembro.
O día 5 comezan as actividades coas actuacións do Mago Antón
Un total de 37 persoas, 28 nenos e nenas e nove persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar do 13 de xullo ao 31 agosto nas instalacións da piscina municipal de Frades, que onte pechou as súas portas.
O día 22 terá lugar o campionato de pádel nas instalacións da piscina e o 29 celebrarase o Día da Bicicleta cunha ruta pola vila
Dáse, así, resposta á demanda dos pais e nais que solicitaban a ampliación das quendas deste programa de conciliación
O equipo de Goberno xa presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil e busca a colaboración cidadá para atopar aos culpables
O Concello de Frades vén de prohibir a utilización da auga procedente da traída municipal para o enchido de piscina ou a rega de cultivos e xardíns, actuacións para os que a veciñanza pode seguir empregando mananciais ou pozos propios, no seu caso.
Un total de dez mulleres de Frades participan no curso de monitor de tempo libre organizado polo Concello de Frades e impartido por persoal da Escola Galega de Tempo Libre.
O Concello convocará unha mesa de traballo para estudar a posta en marcha dunha plataforma de comercio en liña
Desconto especial de 50 euros para persoas empadroadas en Frades cunha antigüidade mínima de 1 ano