A programación de Nadal de Frades chega cargada de actividades
Nestes días festivo haberá unha Andaina solidaria, unha visita a pista de xeo de Área Central ou o cine das Cancelas así como a cabalgata de Reis
O domingo 29 de decembro terá lugar a gran novidade da programación deste ano: a I Andaina Solidaria para a recollida de xoguetes para Cruz Vermella, que terá lugar a partir das 10:30 horas na praza de Ponte Carreira. Unha iniciativa aberta a toda a veciñanza de Frades e de municipios veciños que desexen colaborar entregando xoguetes, novos ou seminovos en bo estado, que será doados á Cruz Vermella para que todos os nenos e nenas poidan ter un xoguete este Nadal. Todas as persoas que colaboren recibirán un agasallo.
A andaina sairá ás 10:30 horas da Praza de Ponte Carreira ata a capela de Augas Santas, onde se fará un descanso e se iniciará o camiño de volta, ata completar un total de 6,4 km. Ao final do camiño haberá chocolate e rosca para todas as persoas participantes.
Para a chegada do novo ano quedan a tradicional saída á pista de xeo de Área Central e ao cinema no centro comercial As Cancelas. Unha actividade que ten un prezo de 20 euros para persoas empadroadas (cinco máis para non empadroadas), xantar incluído. Inscricións no Concello de Frades antes do 30 de decembro.
Finalmente, o sábado 4 de xaneiro terá lugar unha nova edición da Cabalgata e Festas de Reis do Concello de Frades. Ás 16:00 horas, a comitiva Real desfilará polas rúas de Ponte Carreira ata o pavillón polideportivo onde, a partir das 17:00 horas, terá lugar a Recepción dos Reis e un amplo programa de actividades: inchables, canón de neve, animación, xogos, obradoiros, mascotas, reparto de lambonadas… para rematar con reparto de roscón e chocolate para todas as persoas asistentes. Actividade gratuíta e para a que non é preciso anotarse previamente.