Os meniños e meniñas de Preescolar na Casa e das dúas casas niño de Frades reciben a visita de Papá Noel
Os nenos e nenas de Preescolar na Casa e das dúas casas niño de Frades, Axóuxere (na parroquia de Galegos) e Xoaniña (na parroquia de Abellá), recibiron a visita de Papá Noel que, acompañado pola súa axudante elfa, lles recolleu as súas cartas e escoitou as súas peticións de agasallos para estas datas.
Unha visita que, unida á realizada ao nenos e nenas de Infantil e Primaria do CPI Ponte Carreira e á actuación musical de Pakolas, abren a programación especial de Nadal do Concello de Frades, que culminará o vindeiro sábado 4 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis.
Ademais do Campamento Municipal de Nadal, que comeza hoxe luns e que terá lugar durante oito días no multiúsos en horario de 9:30 a 13:30 horas, o programa de Nadal do Concello de Frades inclúe unha saída ao parque de atraccións de Xuvenlugo, que terá lugar o vindeiro venres 27 de decembro. O prezo é de 5 euros para persoas empadroadas e 8 euros para non empadroadas.