miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PP recupera a primeira plaza en Galicia a meses das autonómicas, pero empatado a escanos co PSOE

O PP recupera a primeira plaza en Galicia a meses das autonómicas, pero empatado a escanos co PSOE
O PP recupera a primeira plaza en Galicia a meses das autonómicas, pero empatado a escanos co PSOE

O BNG retorna ao Congreso, Ciudadanos volve quedarse sen representación e Vox segue ausente na Comunidade galega

En Galicia, o PSOE non logrou repetir a vitoria das pasadas xerais, en abril deste ano, e cede de novo o liderado ao PP, aínda que en escanos empatan; un resultado que mantén aberta a porta ao cambio na Xunta, cando se celebren as eleccións autonómicas en 2020.

   Tras a histórica vitoria dos socialistas nas últimas eleccións xerais en Galicia, o PP recupera algo de músculo perdido e volve superar en número de votos ao PSOE, volvendo ser o partido con maior apoio dos galegos. Con todo, ambos os dous partidos empatan en número de escanos, con dez cada un.

Por abaixo, o desastre de Ciudadanos a nivel estatal dáse en Galicia, perdendo os dous escanos que obtivera hai sete meses. A marca galega de Unidas Podemos consegue manterse cos mesmos deputados, dous, e o máis relevante é o regreso do BNG ao Congreso, cun escano —logo de catro anos fóra das Cortes—. 


A temida irrupción de Vox semella que non se dá xa que a formación de ultradereita non acada escano por Galicia. Con todo, a extrema dereita aumenta o seu peso en Galicia, con máis número de votos e porcentaxe, e sitúase como quinta forza política, por enriba de Ciudadanos, que pasa a ser un partido residual aquí, e tan só uns 5.000 votos por debaixo do BNG. 

Comentarios
Lo más