miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous falecidos e sete feridos é o balance da noite de venres nas estradas galegas

Dous falecidos e sete feridos é o balance da noite de venres nas estradas galegas
Dous falecidos e sete feridos é o balance da noite de venres nas estradas galegas

Dous homes faleceros e outras catro persoas resultaron feridas, dúas delas grave, a causa de senllos accidentes rexistrados en Ordes, Carballo e O Carballiño


Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, este é o balance nas estradas durante a noite, que finalizou ás 06:00 horas de onte cun accidente mortal na rotonda do Polígono Industrial de Vilariño, en Ordes.

Foi na estrada que une a localidade coruñesa de Ordes con Buscás, no lugar de Vilariño, onde rexistrouse unha saída de vía dun turismo e que acabou coa vida dun dos ocupantes. Foi a única vítima dun sinistro no que, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, interviñeron os Bombeiros de Ordes ante a posibilidade de que algún dos ocupantes estivese atrapado. Finalmente, comprobaron que todos eles estaban liberados e accesible e, por tanto, descartaron a súa actuación.

Ademáis, un motorista de 52 años cas inicials C.F.G. faleceu a consecuencia dunha saída de vía rexistrada no polígono de O Ceao, na cidade de Lugo, según informou o 061.Pese aos esforzos do equipo sanitario, o home faleceu no acto.

Colisión en Carballo

Ademais, ás 01:30 horas desta madrugada, en Carballo, outra chamada dun particular activara a alerta no 112 Galicia por mor doutro accidente de tráfico no que houbo tres vehículos, dous turismos e unha furgoneta, implicados e resultaron feridas dúas persoas, trasladados ao centro hospital de referencia.

A colisión produciuse na AC-413 e, malia a que os servizos sanitarios aseguraban que había unha persoa atrapada no seu interior, non foi preciso o uso do material de excarceración por parte dos Bombeiros de Ordes, xa que, tras a súa chegada, puideron comprobar que a persoa xa se atopaba fora da furgoneta.

Tamén, foron informados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Carballo, aínda que, finalmente, non chegaron a intervir, os axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Coche envorcado

Un minutos despois, preto das dúas da madrugada, unha saída de vía tras unha colisión entre dous turismos na Rúa Aquilino Sánchez, no Carballiño, mobilizou aos Bombeiros do Carballiño ante a posibilidade de que o ocupante dun dos vehículos estivera atrapado no seu interior. Así o indicaban os propios alertantes tras chamar, ás 02:00 horas, ao 112 Galicia para dar conta do suceso.

Finalmente, a condutora do vehículo envorcado e única ocupante, saíu do interior polos seus propios medios e tras ser valorada polos servizos sanitarios no mesmo lugar, foi trasladada ata o centro hospitalario de referencia.

Ademais dos Bombeiros e persoal sanitario, interveu a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más