miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Milladoiro acolle este sábado a terceira Carreira e Andaina da Familia

Milladoiro acolle este sábado a terceira Carreira e Andaina da Familia
Milladoiro acolle este sábado a terceira Carreira e Andaina da Familia

Na Carreira e Andaina da Familia hai inscritos/as un total de 263 persoas. Toda a recadación de dita carreira irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia


Este sábado, 28 de setembro, realizarase a III Carreira e Andaina da Familia con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro. Na Carreira e Andaina da Familia hai inscritos/as un total de 263 persoas. Toda a recadación de dita carreira irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia.

Trátase dun evento que permite a participación individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes, compostos por avós/avoas ou pais/nais e fillos/as. Toda a recadación da carreira irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuír no ámbito da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.

A saída e meta da proba estará situada na rúa do Buxo, no aparcamento da Travesía do Porto a carón do Centro Comercial Novo Milladoiro. A participación está aberta a todo a veciñanza e este ano, para animar a máis familias, tamén se poderá participar dunha andaina con participantes de calquera idade. Os menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto na andaina/carreira.

Ás 11:00 horas procederase á entrega de dorsais e bolsa de regalo na carpa da organización para, media hora despois, iniciar a actividade cunha sesión musical que inclúe animación, baile e DJ. ÁS 12:00 horas haberá unha sesión de quecemento grupal antes de dar a saída da proba, cun percorrido de 3 km aproximadamente co obxectivo de que todos os integrantes das familias participantes poidan disputar a proba sen carácter competitivo. Ás 12:45 comezarán unha serie de actividades lúdicas para toda a familia e haberá inchables e xogos para os nenos e nenas. O fin de festa, previsto para as 13:30 horas, contará cun sorteo de agasallos e a entrega de premios. A organización estableceu diferentes premios para a familia máis numerosa, o avó/avoa de máis idade, as/os 3 primeiras/os chegadas/os a meta, a primeira familia monoparental, a primeira familia de 3 integrantes, a primeira familia de 4 integrantes e a primeira familia de 5 integrantes.

Non se establece idade mínima de participación, pero todos os menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto durante a andaina e/ou carreira. A recadación irá destinada integramente a ASANOG. Asemade, existe o “Dorsal 0” no caso de que se desexe realizar un donativo á Asociación. Tamén o día propio do evento habilitarase unha carpa da Asociación para poder colaborar e doar o que cada persoa ou familia desexe.


Comentarios
Lo más