miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ames achegará o squash e o golf á veciñanza no Día do Deporte

O Concello de Ames achegará o squash e o golf á veciñanza no Día do Deporte
O Concello de Ames achegará o squash e o golf á veciñanza no Día do Deporte

O amesán Borja Golán, bicampión de Europa de squash e campión de España en 16 ocasións, e Alejandro Beiras, director deportivo do Real Aeroclub de Santiago, presentaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Ames as actividades a desenvolver este sábado

A celebración do Día do Deporte en Ames achegará da man de Borja Golán e Alejandro Beira o squash e o gol a veciñanza este sábado. Así o presentaron ambos xunto coa concelleira de Deportes, Susana Señorís, esta semana en roda de prensa. 

As actividades terán lugar este sábado na área recreativa do Milladoiro onde se realizarán as diferentes actividades de grupo, impartidas por clubs de Ames, como son o baloncesto, fútbol sala, voleibol, tenis,
patinaxe, atletismo, xadrez, piragüismo e judo, xunto con outras actividades dirixidas a adolescentes e maiores como son o zumba, step, ioga, spinning, body combat ou pilates.

Ademais, ao igual que o ano pasado, o Concello ofrecerá a posibilidade de probar novas disciplinas como o squash e o golf. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinalou que “vai ser a primeira vez que teñamos a posibilidade de practicar estas dúas modalidades na celebración do Día de Deporte. Grazas á Federación Galega de Squash contaremos cunhas pistas inchables para que os rapaces e rapazas de Ames se poidan
achegar a esta disciplina e, ademais, o Real Aeroclub de Santiago tamén estará presente na xornada con monitores para que o golf sexa tamén visible no noso concello, xa que é en Ames onde contamos coas instalacións do Real Aeroclub”.

O amesán Borja Golán, pola súa banda, manifestou que “afortunadamente hoxe en día o squash é unha disciplina máis cercana ao público, con máis pistas públicas para a súa práctica, e mesmo aquí en Bertamiráns temos o exemplo con esa nova pista que pode usar todo o mundo. É un deporte moi divertido, que favorece a psicomotricidade, e confiamos en que a xornada do sábado sirva para que os nenos e
nenas o proben porque ten moito potencial como deporte”.

O squash e o golf únense así ás moitas actividades que poderá practicar a veciñanza amesá o sábado no Milladoiro. Con cada actividade, ademais, entregarase un tícket para o sorteo de agasallos que se fará ao final da xornada. Tamén haberá inchables, obradoiros, competicións 3x3, carreiras e xogos. Todas as actividades comezarán ás 11:00 horas e prolongaranse ata as 21:00 horas da tarde, cunha pausa para o xantar entre as 14.00 e as 17.00 horas.

Comentarios
Lo más