miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Representantes da Coordinadora Galega de Ong trasládanlle a Agustín Hernández as súas propostas de cara ás eleccións municipais

Representantes da Coordinadora Galega de Ong trasládanlle a Agustín Hernández as súas propostas de cara ás eleccións municipais
Representantes da Coordinadora Galega de Ong trasládanlle a Agustín Hernández as súas propostas de cara ás eleccións municipais

O voceiro Popular explicou que é imprescindible que se establezan colaboracións cos galegos, sobre todo, santiagueses que se atopan desprazados polo mundo, co fin de garantir o seu benestar e facilitar a súa vida no lugar onde estean desenvolvendo distintas tarefas

O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía, Agustín Hernández, mantivo onte unha reunión con representantes da Coordinadora Galega de Ong, quen lle trasladaron as súas propostas de cara ás eleccións municipais do mes de maio. Durante a xuntanza, Hernández considerou como propias estas demandas e destacou o compromiso do seu grupo cos importantes desafíos que existen actualmente, como a pobreza e a desigualdade; a crise ecolóxica e os desprazamentos forzados, entre outros moitos.

O voceiro Popular subliñou que é imprescindible que se establezan colaboracións cos galegos, sobre todo, santiagueses que se atopan desprazados polo mundo, co fin de garantir o seu benestar e facilitar a súa vida no lugar onde estean vivindo ou desenvolvendo distintas tarefas. Agustín Hernández coincidiu cos representantes da coordinadora en que os concellos non deben dar as costas aos problemas globais e teñen que reivindicar o seu papel na construción dun mundo xusto. Para os asistentes a esta xuntanza, o papel das cidades como actores internacionais debe ser activo, acadando potencialidades de cooperación co desenvolvemento, cunha política pública exercida desde o eido local, que serva para defender os dereitos humanos e promover un mundo máis xusto, igualitario e sostible.

O presidente do Partido Popular de Santiago coñeceu de primeira man as inquedanzas da Coordinadora Galega de Ong, convertidas en 9 propostas que esta organización pretende desenvolver nas 7 grandes cidades e nas deputacións cara o novo ciclo político. Estas eivas centraríanse no compromiso político; na consecución de orzamentos dignos para o desenvolvemento das políticas municipais de cooperación para o desenvolvemento; en axudas públicas transparentes e en concorrencia competitiva; na execución de accións coordinadas de educación para a cidadanía global; que se poidan destinar fondos extraordinarios para axudas de acción humanitaria e acadar a participación activa da sociedade civil.

Así mesmo, consideran imprescindible que se elaboren estratexias de cooperación; que os concellos participen activamente en redes para lograr o intercambio de aprendizaxes e conseguir ser transparentes, render contas e comunicar á cidadanía os logros acadados na loita contra a pobreza, as desigualdades e na defensa dos dereitos humanos e a sostenibilidade a nivel mundial.

Comentarios
Lo más