miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O 1 de marzo comeza o prazo de inscricións nas escolas infantís municipais

O 1 de marzo comeza o prazo de inscricións nas escolas infantís municipais
O 1 de marzo comeza o prazo de inscricións nas escolas infantís municipais

No caso de novo ingreso, o prazo de presentación de solicitudes será do 16 de marzo ao 16 de abril.

A Xunta de Goberno aprobou o venres os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños. No caso de novo ingreso, o prazo de presentación de solicitudes será do 16 de marzo ao 16 de abril.

Dende o 1 de marzo e ata o día 11, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para reservar a praza do alumnado actual ou para persoas traballadoras das escolas municipais. No caso dos nenos e nenas e novo ingreso, a solicitude deberá realizarse do 16 de marzo ao 16 de abril. 

A lista provisional de admitidos e a lista de agarda publicaranse entre o 2 e o 10 de maio, e as persoas interesadas terán un prazo de dez días para presentaren reclamacións. A relación definitiva de admitidos/as farase pública entre o 27 e o 31 de maio, e o prazo de matrícula estará aberta do 3 ao 17 de xuño.

Comentarios
Lo más