Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a apertura dos prazos de reserva de praza, admisión de novo alumnado e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2020-2021. Tamén se deu o visto bo aos prazos e o procedemento para cursar estudos na Escola Municipal de Música.
A carpeta coa documentación que hai que cubrir para tramitar a solicitude de praza hai que recollela e entregala nas escolas infantís
municipais, en horario de 9:00 a 14:00 horas
No caso de novo ingreso, o prazo de presentación de solicitudes será do 16 de marzo ao 16 de abril.