miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida unha muller despois de colidir o seu vehículo en Frades

Ferida unha muller despois de colidir o seu vehículo en Frades
Ferida unha muller despois de colidir o seu vehículo en Frades

A persoa que contactou co 112 Galicia indicaba no seu relato que o sinistro tivera lugar no punto quilométrico 687 da N-634 e que a muller se atopaba atordada

Unha muller resultou ferida esta tarde nunha colisión na que se viron implicados dous turismos no termo municipal coruñés de Frades. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada polos efectivos sanitarios a un centro médico.

O CIAE 112 Galicia tivo constancia do accidente a través dunha persoa particular ao fío das 14:10 horas. A persoa que contactou co 112 Galicia indicaba no seu relato que o sinistro tivera lugar no punto quilométrico 687 da N-634 e que a muller se atopaba atordada.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Ordes.

Comentarios
Lo más