miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Villares convoca ao Consello das Mareas para unha reunión o que supón o aplazamento de eleccións

Villares convoca ao Consello das Mareas para unha reunión o que supón o aplazamento de eleccións
Foto de arquivo
Villares convoca ao Consello das Mareas para unha reunión o que supón o aplazamento de eleccións

Esta reunión supón un novo aplazamento do proceso electoral coas festas do Nadal moi próximas, o que significa que as eleccións cada vez están máis lonxe e o conflincto alóngase no tempo

O sector de Villares convocou para mañá unha reunión do consello das mareas no se que tratará, entre outras cuestións, cal será o método de votación definitivo que ofrezas unha seguridade plena, tal como propuxo a comisión de garantías.

Esta reunión supón un novo aplazamento do proceso electoral coas festas do Nadal moi próximas, o que significa que as eleccións cada vez están máis lonxe e o conflincto alóngase no tempo. Dende a coordinadora de Villares insístese que o feito de non convocar eleccións é a consecuencia de uns feitos moi graves, demostrados na auditoría, e que ese feito non é por mor de ningunha estratexia dilatoria dirixida a manter o conflicto vivo, senon a ofrecer plentas garantías democráticas nunha votación.

Estes argumentos non convencen ao sector crítico que, dende que estalou a guerra, día tras día insta á dirección a votar, convencidos de que a lista encabezada por David Bruzos será a que saia victoriosa. O mesmo Bruzos advertiu o mércores que o sector oficial ten "medo a perder" e por eso "están a sacar información falsa para xustificar que non se vote".

Antón Gómez-Reino, secretario xeral de Podemos Galicia e portavoz de En Marea no Congreso, tachou onte de "indignante" e "intolerable" a estratexia da coordinadora de Luis Villares de paralizar o proceso electoral. " é evidente que non quere que se vote", afirmou nunha entrevista na Radio Galega. Gómez-Reino refiriuse á xudicialización do conflicto como un "sen sentido" con contradiccións no que algúns responsables políticos meten a En Marea nunha crise "innecesaria" e que demostran, ao seu entender,que teñen unha concepción clásica do partido, da vella usanza, unha visión que non ten nada que ver coa natureza fundacional do proxecto político, autoproclamado no seu día como de unidade popular.

O que dixo Gómez-Reino non ten nada que ver co que expuxo o mércores o responsable da custodia do censo. Gonzalo Rodríguez, membro da coordinadora, contou como o día 24, mentre se reunía con unha parte do comité electoral, a outra esta co técnico para que se lles dera as claves de acceso á lista. Rodríguez indicou a tres membros do comité que accederon ao censo sen permiso o que foron colaboradores: Pablo Nieves, Raquel Bernárdez e Martiño Ramos, os tres vinculados a Esquerda Unida. A xudicialización do conflito supón unha brecha no partido casi imposible de cerrar. Agora a cuestión é ver quen se queda coa marca.


Comentarios
Lo más