miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Concentración dos traballadores do Proxecto Home fronte ao Cottolengo

Concentración dos traballadores do Proxecto Home fronte ao Cottolengo
Concentración dos traballadores do Proxecto Home fronte ao Cottolengo

Na concentración lembraron que é "innegable" que a Fundación Monte do Gozo 2incumpría a lexislación laboral"

Traballadores e traballadoras da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia concentráronse onte ao mediodía fronte ao Cottolengo, un dos centros que a entidade ten na comarca compostelá. Alí esixiron a implicación da Xunta de Galicia e do padroado da propia fundación para resolver a «grave» problemática laboral e social que se arrastra desde hai meses.

Na concentración lembraron que é "innegable" que a Fundación Monte do Gozo 2incumpría a lexislación laboral", incluíndo cláusulas abusivas nos contratos, practicando excesos de xornadas ou vulnerando varios preceptos do convenio colectivo de aplicación.

Durante este conflito, a representación do persoal procurou a mediación tanto da Inspección de Traballo como do Consello Galego de Relacións Laborais, estando «acreditada e documentada» tanto as peticións como o rexeitamento da dirección de Proxecto Home.

As traballadoras e traballadores critican a actitude da Xunta de Galicia e do padroado da Fundación, aos que acusa de non se preocuparen nin pola situación laboral do persoal nin pola «grave afectación social» para as persoas usuarias.

RENUNCIA DOS FONDOS EUROPEOS

Nun manifesto, os traballadores e traballadoras tamén criticaron que a Fundación se queixe de problemas de financiamento e repróchalle que renunciase e solicitar os fondos europeos do proxecto INSOLA, como si fai Proxecto Home noutros lugares de España. Para acceder a estes fondos, o principal requisito é "pasar uns ríxidos controis das contas e auditorías de gastos".

O manifesto finaliza lembrándolle á actual dirección de Proxecto Home que a súa maneira de proceder está afastada dos valores que a entidade asume publicamente como propios: solidariedade, respecto, honestidade, competencia profesional, efectividade, confianza, confidencialidade e fomento da participación interna.


Comentarios
Lo más