Proxecto Home presiona o persoal para que asine un escrito de apoio ao seu director xerent
No devandito escrito, amais de expresar o apoio a Crespo, afírmase que as críticas de CCOO son "inxustificadas e inxustas"
Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) está a presionar o persoal para que asine un escrito de apoio ao seu director xerente, Ramón Crespo. Segundo puido saber o sindicato, os traballadores e traballadoras dos centros de Santiago de Compostela e Vigo foron chamados individualmente polo departamento de Recursos Humanos para deixaren constancia do seu apoio.
No devandito escrito, amais de expresar o apoio a Crespo, afírmase que as críticas de CCOO son "inxustificadas e inxustas". O sindicato lémbralle a Proxecto Home Galicia que todas as denuncias sindicais están avaladas pola Inspección de Traballo, que xa obrigou a fundación a aboar milleiros de euros irregularmente non pagados en conceptos de salario e de cotizacións sociais.
O sindicato insta o padroado da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia a desautorizar esta recollida de asinaturas e a relevar das súas funcións. Así mesmo, consultará cos seus servizos xurídicos a resposta que debe dar a estes "graves feitos".