Investigan un veciño de Pontevedra por causar o accidente no que faleceu unha muller na AP-9
06:30 26/11/18
06:30 26/11/18
O investigado multiplicaba por catro a tasa de alcoholemia
A Gardia Civil investiga a un veciño de Pontevedra de 27 anos, como presunto autor dun delito de homicidio por imprudencia e outro contra a seguridade vial, despois de provocar a colisión do vehículo que conducía e na que faleceu unha muller.
O investigado circulaba pola AP-9, dirección Pontevedra, despois de consumir unha grande cantidade de alcohol. No traxecto, o seu vehículo embestiu unha furgoneta que circulaba na misma vía.
A causa do impacto, faleceu unha muller veciña de Tui de 52 anos de idade e provocou lesións a outros ocupantes que foron trasladados ao hospital.