Unha persoa falecida e dúas feridas tras esvorcar un vehículo na AP-9
11:33 25/11/18
11:33 25/11/18
O sinistro tivo lugar á altura do Concello de Barro, no punto quilométrico 119
Sobre as 23:10 horas de onte, un vehículo perdeu o control, saíuse da vía e acabou envorcado na AP-9, á altura do Concello de Barro en Pontevedra. Como resultado do accidente, unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas.
O sinistro ocorreu no punto quilométrico 119 da autoestrada, en sentido Sur. Os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar á persoa falecida e a outra vítima que viaxaba no mesmo turismo. As dúas persoas heridas foron evacuadas a un centro hospitalario.