miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Federación de Anpas de Compostela pronúnciase sobre as bolsas de comedor escolar

A Federación de Anpas de Compostela pronúnciase sobre as bolsas de comedor escolar
Foto de arquivo
A Federación de Anpas de Compostela pronúnciase sobre as bolsas de comedor escolar

Demanda ao Goberno municipal que arbitre con urxencia “as medidas necesarias” para que as familias que se atopen en situación de “varianza económica” teñan a posibilidade de acceder ás bolsas de comedor neste curso escolar.

A Federación de Anpas de Compostela demanda ao Goberno municipal que arbitre con urxencia “as medidas necesarias” para que as familias que se atopen en situación de “varianza económica” teñan a posibilidade de demostrala para acceder ás bolsas de comedor neste curso escolar “nas mesmas condicións nas que accederon as familias a quen se lle concedeu polo trámite ordinario”.

Tamén solicita que o servizo de comedor escolar “varía a súa estrutura de cobramento” adaptándoa á renda real das familias e combinando as bolsas con políticas de prezos personalizados que atendan mellor as necesidades sociais.

Os pais e nais argumentan que “a asistencia social non pode basearse só en datos obxectivos relativos a un momento económico anterior”, xa que pode non ser real na actualidade, e que “os servizos municipais teñen que atender tanto as “necesidades certificables” como as circunstancias sobrevidas” que poidan xerar a exclusión económica das familias.

Neste contexto, a FANPA Compostela manifestou o seu apoio á moción aprobada pola oposición municipal no pasado Pleno do Concello, que solicita unha convocatoria adicional e urxente de bolsas de comedor escolar na que se teña en conta a situación actual das familias para que ningunha quede excluída cando lle resulten indispensables. Esta iniciativa, que partiu do PSOE compostelán, únese ao rogo presentado polo BNG no mesmo sentido, e que tamén recibiu o apoio das nais e pais do alumnado compostelán.

Comentarios
Lo más