O sábado trae auga a Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 13 graos
O sábado Galicia estará afectada polo paso dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca situada ao sudoeste de Irlanda. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións localmente fortes, acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve estará situada nos 1000 metros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o venres, o sábado e o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.