miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúan as precipitacións en Compostela

Continúan as precipitacións en Compostela
Continúan as precipitacións en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 12 graos

O venres quedaremos nunha área de chuvascos entre dúas frontes. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados, con chuvascos, máis ocasionais pola tarde. A partir de media noite chega unha fronte polo oeste con chuvias que se irán estendendo durante a madrugada. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste virando a sur e aumentando de intensidade pola noite.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán lixeiramente. Vento forte do Sur o xoves pola noite.



Comentarios
Lo más