Entregados os premios aos gañadores do concurso "Disfraces na Rede"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández entregou no Centro Sociocultural de Santa Marta, os agasallos da segunda edición do concurso de "Disfraces na Rede". Na categoría infantil o primeiro premio foi para o disfrace "As dúas Marías"; e na modalidade familiar para o difrace "Baixo o mar"
O concurso de "Disfraces na rede", organizado pola rede de Centros Socioculturais, consistiu en enviar fotos, tanto de nenos e nenas, como de familias disfrazadas. As 39 imaxes recibidas entre o 12 de febreiro e o 26 de marzo etiquetáronse cos cancelos #NoEntroidoPretodeTI #CentrosSocioculturaisPretodeTI e subíronse ás redes sociais dos centros. A maioría delas, 33, concursaban na categoría infantil.
Todas as imaxes subidas recibiron, en total, 1.482 "gústame" ou "encántame". Escolléronse tres premiados por categoría. Na modalidade de infantil a primeira clasificada foi "As dúas Marías", con 222 "gústame"; a segunda, a pequena disfrazada de Cincenta, con 57 votos; e no terceiro posto quedou, con 53 "gústame", unha parella con persoaxes da senda mitolóxica.
Na categoría familiar, "Baixo o mar", recibiu 293 "gústame", clasificándose en primeiro lugar. O segundo premio foi para unha familia de fadas e flores con 200 votos; e o terceiro para a familia disfrazada con persoaxes da senda mitolóxica, que obtivo 84 apoios.
O programa da rede de Centros Socioculturais para este entroido contou con máis actividades, entre elas o "Meco na casa manda", ou "o Entroido nos Barrios". Este ano a temática escollida foi o mundo romano, baixo o título ""Os trescentum de Asseconia".