miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A chuvia continúa a ser protagonista en Compostela

A chuvia continúa a ser protagonista en Compostela
A chuvia continúa a ser protagonista en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 13 graos

O xoves Galicia manterase na influencia das borrascas atlánticas, con ventos intensos do sur que traerán unha fronte pola noite. Así, durante o día os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables na franxa atlántica. Pola noite os ceos estarán cubertos con chuvias xeneralizadas. As temperaturas continuarán sen cambios en xeral, con lixeiros descensos das mínimas na metade oeste. Os ventos soprarán do sur, moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sur o xoves pola noite.



Comentarios
Lo más