miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O comité de folga confía en que a mediación de Sanidade aporte "unha xusta solución" aos otorrinos do CHUS

O 75 % do persoal facultativo de ORL do Hospital Clínico secundou este martes a folga no servizo

O 75 % do persoal facultativo do servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) do Hospital Clínico de Santiago secundou este martes unha nova xornada de folga no servizo. Isto tamén se traduciu na suspensión de 95 consultas, sete de cada dez das que estaban programadas.

Por outra parte, o comité de folga informa de que esta semana está previsto o comezo da mediación promovida pola Consellaría de Sanidade. Confían en que sirva «para dar unha xusta solución» ao persoal e permita chegar a un acordo neste longo conflito.

Desde CCOO lembran que van xa máis de tres meses de folga e que as denuncias do persoal facultativo do servizo chegaron incluso ao Parlamento de Galicia, que o pasado 3 de febreiro aprobaba unha resolución instando a Xunta de Galicia «a abordar de xeito inmediato o conflito existente no servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS atendendo ás demandas feitas polo persoal facultativo».

Comentarios
Lo más