A chuvia continuará presente en Compostela
08:00 09/03/22
08:00 09/03/22
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 12 graos
Durante o mércores Galicia quedará na influencia dunha borrasca centrada ó oeste de Irlanda, con réxime de ventos do sur. Con esta situación, agárdanse ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables no litoral atlántico. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios.