miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicada a instalación dun novo alumeado público no lugar de Xulacasa, en Figueiras

Adxudicada a instalación dun novo alumeado público no lugar de Xulacasa, en Figueiras
Adxudicada a instalación dun novo alumeado público no lugar de Xulacasa, en Figueiras

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación do contrato que ten por obxecto a instalación de alumeado público novo, para substituir ao anterior, no lugar de Xulacasa, en Figueiras, a Valdonaire Solucións Técnicas SL, por un importe total de 44.044,00 euros, IVE engadido. Dos acordos adoptados, deu conta en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo

Trátase dunha obra civil orientada a substituir a infraestrutura de alumeado público existente, incluíndo luminarias led de alta eficiencia e baixo consumo, cableado, arquetas, etc. A proposta de Xunta de Goberno, tamén contempla que a empresa adscriba, como parte do equipo de traballo, un técnico medio ou superior especialista en electricidade. O prazo de garantía das luminarias establécese en 10 anos.


Premios Educacompostela
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases da convocatoria da "XIV edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica". Contará con tres premios, de 1.200, 900 e 600 euros. O certame está convocado polo departamento de Educación do Concello de Santiago coa colaboración pedagóxica de Nova Escola Galega.

Tamén se deu luz verde aos gastos derivados da convocatoria: 2.700 euros. Estes premios teñen como obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica. A temática desta edición será libre. Os prazos para presentar os traballos comezarán un día despois da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e finalizarán o 23 de setembro de 2022.

Outros acordos
Por outra banda, renovouse unha nova autorización de venda ambulante de artesanía; e deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e Abanca Corporación Bancaria S.A para a entrega e distribución dos fondos das axudas do "Programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da contorna da rúa dos Concheiros, a través dos bonos Corazón Concheiros.

O alcalde sinalou que mañá está previsto que mañá saia publicado o anuncio no BOP. A partir da súa publicación ábrese o prazo para que os comercios se poidan adherir a este convenio "e facer efectivos eses bonos". E o venres, día 11, explicou o alcalde, abriríase o prazo para que a clientela poida descargar e facer efectivos eses bonos.

Aprobouse, ademais, o texto dun convenio entre o Concello de Santiago de Compostela e Decathlon España SA para o desenvolvemento de actividades formativas no ámbito da seguridade viaria e a prevención de accidentes no relativo ao manexo e condución de bicicletas. 
Comentarios
Lo más