miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa o tempo de chuvia

Continúa o tempo de chuvia
Continúa o tempo de chuvia

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 6 e os 12 graos

Tras o paso da fronte durante a madrugada, xa durante o martes quedaremos na zona dos chuvascos que veñen detrás. Deste xeito, teremos un día de ceos con alternancia de nubes e claros e con chuvascos máis frecuentes e intensos pola mañá e que irán remitindo co avance do día. A cota de neve comezará nos 1000 metros e irá subindo durante a xornada. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán moderados en xeral, comezando o día de compoñente sur, irán virando a oeste para de novo quedar do sur á noite.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que ascenderán lixeiramente. Vento forte do Sur o mércores pola tarde.





Comentarios
Lo más