miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza con chuvia

A semana comeza con chuvia
A semana comeza con chuvia

As temperaturas oscilarán entre os 2 e os 12 graos

O luns será un día de transición no que perderemos a influencia anticiclónica debido á chegada nunha fronte pola noite. Amenceremos con ceos pouco nubrados, con tendencia pola tarde a que aumenten as nubes. Ás últimas horas do día a fronte traerá chuvias polo oeste que se irán estendendo durante a madrugada. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas ascenderán lixeiramente no extremo norte e continuarán sen cambios no resto. O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá, aumentando a moderado en terra, fortes no mar pola noite.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o luns, o martes e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.



Comentarios
Lo más