miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tempo fresco e seco en Compostela

Tempo fresco e seco en Compostela
Tempo fresco e seco en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 2 e os 10 graos

O domingo Galicia quedará na influencia dunha masa de aire frío impulsada polos ventos intensos do norte. Con esta situación, na metade norte da Comunidade os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos, mentres que na metade sur quedarán con alternancia de nubes e claros. A cota de neve situarase nas primeiras horas do día arredor dos 800 metros. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, con xeadas no interior, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés, no interior frouxos , aumentando a moderados á tarde; moderados con intervalos fortes na costa.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o luns e o martes. En canto ás temperaturas, serán baixas para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.





Comentarios
Lo más