miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago frea a recollida de produtos porque ONGs "non garantizan a súa distribución"

Santiago frea a recollida de produtos porque ONGs "non garantizan a súa distribución"
Santiago frea a recollida de produtos porque ONGs "non garantizan a súa distribución"

O Concello de Santiago, atendendo as recomendacións do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e da AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo), prega á cidadanía que non entregue máis produtos nin alimentos con destino a Ucraína pois, como indica o Fondo, "as ONG que xestionan o reparto da axuda no terreo están colapsadas" e "non se pode garantir a correcta distribucións dos materiais nin tan sequera que estes cheguen a destino"

O Concello de Santiago agradece enormemente as mostras de solidariedade da poboación compostelá, que respondeu dende o minuto un achegando alimentos e produtos de primeira necesidade. Non obstante, neste momento é preciso modificar as formas de colaboración por mor das dificultades de loxística no terreo.


A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de axudas a ONG e organismos internacionais despregados en terreo:

• Coordinadora Española de ONGD

• Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella

• Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína

• ACNUR (Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas)

• Información da AECID
Comentarios
Lo más