miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Borja Verea sinala a a “Bugallo como o responsable do colapso de Área Central"

Borja Verea sinala a a “Bugallo como o responsable do colapso de Área Central"
Borja Verea sinala a a “Bugallo como o responsable do colapso de Área Central"


O deputado popular proclama que “seremos nós os que modernizaremos Compostela” a partir das próximas eleccións



Borja Verea, presidente dos populares composteláns e deputado autonómico, achegouse a Area Central para sinalar a “Bugallo como o responsable do seu colapso xa que foi o que autorizou a apertura das Cancelas”, ao tempo que denunciou que “as políticas que ten Bugallo para Santiago son moi perigosas e xa estamos vivindo os efectos”, así fixo fincapé nesa “idea de cidade que aposta por novos e máis centros comerciais como As Cancelas e, agora, Costa Vella, poñendo en perigo todo o comercio tradicional e baleirando a cidade”.


O parlamentario compostelán aproveitou para lembrar que, “baixo as políticas do PSOE en Santiago, nos últimos mandatos perdemos habitantes, perdemos a vida nas nosas rúas, no Ensanche, nos barrios e na zona histórica, e gañamos centros comerciais, como agora Costa Vella onde os sábados se despraza toda a comarca”.


Na mesma liña salientou que “as políticas de Bugallo son daniñas para Santiago, estamos xa vivindo os efectos, cun Ensanche e un Casco Histórico cheo de locais e vivendas baleiras ou a prezos prohibitivos e, o que é máis triste, cada vez con menos vida e sen ningún horizonte de solución”.


Verea propuxo que fronte a un “goberno socialista xa en decadencia e ao que lle quedan poucos meses, os populares composteláns loitarán por unha gran maioría que recupere a vangarda e o futuro para Compostela”, subliñando ademais que traballarán por “un Santiago que volva a vivirse nas súas rúas e onde as familias recuperen o espazo”, apuntando que “os composteláns queremos que a vida estea nas rúas, non nos centros comerciais promocionados por Bugallo”.


Así, o dirixente popular concluíu que “o mellor exemplo de que o goberno local está fóra da realidade son as promesas que comeza a facer cando xa rematou o seu mandato, con todo o seu crédito xa liquidado e a punto de que a xente deixe de tomalos en serio”, e que “seremos nós, a partir das eleccións municipais do ano que vén, os que modernizaremos a cidade, coa vista posta no futuro e nesa meta compartida de recuperar a posición de vangarda”.


Comentarios
Lo más