miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Esta semana comezarán os traballos para a posta en marcha de Santiago como capital da Economía Social

Esta semana comezarán os traballos para a posta en marcha de Santiago como capital da Economía Social
Esta semana comezarán os traballos para a posta en marcha de Santiago como capital da Economía Social

O alcalde tamén anunciou que esta semana está previsto dar comezo aos traballos para a posta en marcha de Santiago, como capital da Economía Social, en colaboración coa Xunta de Galicia, co Foro Económico e Social e coa Universidade de Santiago, e co Ministerio de Traballo e Economía Social, que dirixe Iolanda Díaz. 

Neste momento, avanzou, estase traballando nun denso programa, e ao mesmo tempo “estamos reflexionando sobre dous temas fundamentais”. O primeiro é a economía social como alternativa, “hai moitas persoas que a través da economía social poden crear as súas propias empresas e desenvolver os seus propios postos de traballo”, unha alternativa que cualificou de “interesante” Como exemplos, puxo as cooperativas de empresa ou a posta en marcha de pequenas empresas en diferentes sectores e ámbitos. “Polo tanto”, engadiu, “queremos visibilizar o papel da economía social”, para que a xente poida pensar “neste tipo de fórmulas e xerar os seus propios postos de traballo. 

En segundo lugar, explicou, están os problemas aos que se enfrontan as empresas cando empezan: de asesoramento, burocráticos, de espazo, ou de financiación. Por iso, un dos obxectivos do Concello, continuou,  é “avanzar nunha axuda directa e na posta en marcha de inciativas” que den solución a estes problemas a través de “programas de acompañamento”, e de apoio. “Queremos que esta capital da Economía Social non só sexa un evento de encontros, de seminarios, se non que nos permita avanzar claramente nesta dirección”. 

Comentarios
Lo más