miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Urxen un arranxo do aparcadoiro de Triacastela

Urxen un arranxo do aparcadoiro de Triacastela
Urxen un arranxo do aparcadoiro de Triacastela

O contrato para as obras do novo aparcadoiro foi asinado en xaneiro de 2021, cun prazo de execución de 4 meses

O Grupo Municipal Popular, a través do seu portavoz Alejandro Sánchez-Brunete, solicita que o Goberno local realice coa maior urxencia posible e á vista do crecente deterioro que se aprecia en todo ese ámbito, unha actuación de acondicionamento dos terreos da rúa Triacastela que van ser destinados a aparcadoiro, mentres non se remate a “eterna modificación” do proxecto inicial e se acometan as obras definitivas.


Tendo en conta que os terreos son xa de titularidade pública, mediante “unha actuación rápida, asumible e aproveitable”, o Concello podería proceder á nivelación e adecuación dos terreos, eliminando os atrancos existentes, e estender unha capa de grava que evitaría as grandes fochancas actuais, co que se melloraría a capacidade e a comodidade para aparcar, e mesmo para acceder a algúns inmobles que teñen entrada por esta rúa.


Cómpre lembrar que os trámites para iniciar este aparcamento na rúa de Triacastela se iniciaron en outubro de 2019 cando o Pleno aprobou a ampliación dos usos dotacionais destes terreos para a construción dun aparcadoiro en superficie. En febreiro de 2020, aprobouse o proxecto que contemplaba a creación de 39 prazas en batería, nun prazo de 4 meses, e como complemento a creación dun novo percorrido peonil para conectar coa rúa de Concheiros. O procedemento de licitación iniciouse en xuño de 2020 e adxudicación acordouse en decembro de 2020, por un importe de 231.851 euros e un prazo de execución de 4 meses.


En xaneiro de 2021 asinouse o contrato, pero antes de iniciarse as obras detectouse que a composición dos terreos e as redes de saneamento diverxían co recollido no proxecto, polo que se acordou a redacción dun proxecto modificado, informado favorablemente polos técnicos ao mes seguinte, pero cuxa autorización para o inicio da redacción non sería aprobada ata finais do mes de setembro pasado. Desde entón, nada sabe da situación do proxecto modificado, a pesar de que o concelleiro de obras manifestara no mes de agosto que o modificado se estaba a tramitar e que se poderían “reiniciar as obras entre setembro e outubro”.


A tardanza no remate do proxecto modificado e o inicio das obras están a incrementar as lamentables condicións de accesibilidade que soporta a veciñanza do zona, polo que é preciso actuar evitar as numerosas fochancas e a lameira que se estende ata o mesmo acceso ao ascensor público existente. 

A preguntas dos xornalista Sánchez Bugallo aclarou, en relación ás obras do aparcamento de Triacastela; que xa está “feita a modificación do proxecto”, que hai unha partida reservada para esta actuación, e que en canto se aproben definitivamente os orzamentos de 2022 empezarán os traballos. 

O alcalde aclaroulle ao PP local  que non seu puido empezar antes porque o proxecto técnico recibido da Xunta de Galicia, e consensuando entre o executivo galego e Compostela Aberta durante o anterior mandato, presentaba “problemas”. En concreto indicou que é necesario un muro de contención e levantar e substituir o actual sistema de sumidoiros, actuacións non contempladas no proxecto inicial. 

Comentarios
Lo más