miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 2.000 estudantes de secundaria danse cita en Compostela no marco dos ‘Encontros na zona USC’

Máis de 2.000 estudantes de secundaria danse cita en Compostela no marco dos ‘Encontros na zona USC’
Máis de 2.000 estudantes de secundaria danse cita en Compostela no marco dos ‘Encontros na zona USC’

Os ‘Encontros na zona USC’ congregan a máis de 2.000 estudantes de secundaria que visitan o Campus de Compostela para coñecer de primeira man aulas, laboratorios e bibliotecas da Universidade.



Esta iniciativa do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ pretende achegar a oferta de grao ao alumnado de ensino medio. Con esta vontade, móstranselles as instalacións coas que se van atopar cando inicien a súa formación universitaria, ademais de orientar a elección dos seus futuros estudos. Os ‘Encontros na Zona USC’ vivirán unha segunda xornada o venres 4 de marzo e chegarán ao Campus de Lugo os días 23 e 24 deste mes.

O itinerario atópase estruturado en trece percorridos. O grupo que se deu cita na residencia universitaria Burgo das Nacións, puido acceder aos itinerarios de Filoloxía e Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Educación e  Traballo Social, Odontoloxía e Enfermaría e Xeografía e Historia e Filosofía. Doutra banda, o grupo que partiu de Monte da Condesa puido gozar dos percorridos de Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e  Sociais, Química e Enxeñaría Química,  Bioloxía e Farmacia, Enxeñaría Informática/Intelixencia Artificial e Matemáticas, Física e Matemáticas, Física e Química, Óptica e Optometría e Farmacia, así como Psicoloxía e Ciencias da Educación.

Xa en quenda de tarde o alumnado participante pode visitar as residencias universitarias Burgo das Nacións e Monte da Condesa, así como o Centro Superior de Hostalaría de Galicia. Nestas visitas, ademais do profesorado responsable dos centros, participa o alumnado titor dos distintos centros universitarios, encargado de dirixir os mozos e mozas polo campus e comentarlles a súas vivencias na USC. En total, a USC conta con 2.064 estudantes inscritos nesta iniciativa e procedentes de 43 centros de ensino medio de toda Galicia.

Comentarios
Lo más