miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación Área Empresarial do Tambre aplaude a aprobación do asfaltado en varios viais do polígono

A Asociación Área Empresarial do Tambre aplaude a aprobación do asfaltado en varios viais do polígono
A Asociación Área Empresarial do Tambre aplaude a aprobación do asfaltado en varios viais do polígono

A decisión foi acadada na Xunta de Goberno Local do pasado 21 de febreiro

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) celebra a recente aprobación dun proxecto de mellora do asfaltado en varios viais do polígono industrial por parte do Concello de Santiago, decisión acadada o pasado 21 de febreiro en Xunta do Goberno Local.


O seu presidente, José Fernández Alborés, asegura que estas son actuacións requiridas desde a Asociación ao Concello para a conservación “en bo estado” dos viais da área empresarial. “Mantemos contacto continuo cos responsables municipais para instar a que se aproveiten as axudas que ofrece a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia para este tipo de intervencións, a través das cales o pasado ano xa se realizou o asfaltado da vía Edison, desde a entrada á confluencia con vía Ptolomeo” –explica–.


As actuacións previstas para neste 2022 consisten na mellora vial, realizándose o saneo do firme nas zonas máis deterioradas e pintando para proceder ao fin da actuación. A Asociación agarda que as obras previstas se executen de cara ao verán.


Comentarios
Lo más