Comeza a anubrarse o tempo en Compostela
08:00 28/02/22
08:00 28/02/22
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 15 graos
O luns Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións cunha nova fronte achegándose á Comunidade polo noroeste. Deste xeito, as nubes irán entrando quedando unha tarde de ceos nubrados en xeral, sen descartar pola noite algunha chuvia feble nas comarcas atlánticas. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o martes e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.