jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Rematan as obras de mellora do centro sociocultural da Peregrina

Rematan as obras de mellora do centro sociocultural da Peregrina
Rematan as obras de mellora do centro sociocultural da Peregrina

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron  o local sociocultural da Peregrina, despois das obras de mellora e acondicionamento do centro que agora, unha vez rematados os traballos, se pon a disposición da veciñanza. Ao acto asistiron numerosos veciños e veciñas, entre eles Encarna Pérez Miramontes, presidenta da asociación veciñal Río Sarela da Peregrina

As obras enmarcáronse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellería de Medio Rural do Concello de Santiago en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña. Contaron cun orzamento de adxudicación de 104.323,07 euros, e un prazo de execución de catro meses. Un investimento que permitiu levar a cabo as seguintes actuacións:


- Desmontaxe e reparación da cuberta do edificio para a súa impermeabilización e illamento térmico e instalación de novos caneiros e baixantes.
- Levantado da carpintaría exterior existente de aluminio e colocación de nova carpintaría de aluminio lacado co rotura de ponte térmica, vidrado e persianas interiores.
- Reestruturación dos aseos para dotarlle da accesibilidade requirida e a renovación dos aparatos sanitarios e as instalacións.
- Renovación dos pavimentos dos espazos interiores con baldosas cerámicas e pintado dos seus paramentos.
- Saneo e pintado dos paramentos verticais do exterior do edificio.
- Creación dun novo espazo paro uso de almacén e de cociña para o servizo do local.
- Implantación de ramplas exteriores para dotar de accesibilidade ao edificio.
- Renovación integral da instalación eléctrica con circuítos independentes de forza e alumeado.
- Instalación de iluminación interior, exterior e de emerxencia con tecnoloxía LED

José Manuel Pichel destacou a aposta do Concello de Santiago pola zona rural, visible no capítulo VI do proxecto de orzamentos de 2022 e que se traduce no "importante incremento do investimento destinado a Medio Rural, un 56,02% pasando de 2.438.336,35 euros no ano 2021 a 3.804.378.14 euros en 2022". Desta cantidade, 1.372.826,71 euros proceden do Plan Provincial de Obras e o resto proceden de recursos propios do Concello de Santiago.

Entre as actuacións no ámbito rural financiadas íntegramente con recursos propios do Concello destacar o 1 millón de euros para obras de rehabilitación de firmes, os 841.309,48 para actuacións de saneamento e abastecemento, os 250.000 euros para á reurbanización de Meixonfrío; e 120.000 euros para a redacción de distintos proxectos.

Os fondos procedentes da deputación, a través do POS, destinaranse á pavimentación de viarios nas zonas Villestro, Laraño, Sabugueira, Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, A Curuxeira e Aríns, ó acondicionamento de sendas peonís, e á ao Parque infantil e pista multideporte no parque do SUNP-25 de Roxos.

Durante o acto, no que tamén estaba presente a portavoz do BNG local, Goretti Sanmartín, o alcalde e o concelleiro de Medio Rural puideron falar e intercambiar impresións coa veciñanza da zona. 

Comentarios
Lo más