Domingo gris en Compostela
08:00 27/02/22
08:00 27/02/22
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 14 graos
O domingo seguirán predominando os ventos do sur, polo que se agarda unha xornada de ceos parcialmente cubertos coa posibilidade dalgún chuvasco ocasional no noroeste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que a as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo pola mañá e o martes. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso lixeiro.