jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

As Oficinas Móviles de Atención ao Peregrino realizaron 5.000 actuacións

As Oficinas Móviles de Atención ao Peregrino realizaron 5.000 actuacións
As Oficinas Móviles de Atención ao Peregrino realizaron 5.000 actuacións


Os integrantes destas oficinas salientan a reacción moi positiva dos peregrinos e peregrinas por dispoñer na propia ruta de servizos que ata agora requerían desprazarse ata os postos ubicados nas vilas



O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fixo balance da primeira campaña desenvolvida polas Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP) da Garda Civil que patrullaron os Camiños ao paso por Galicia no verán pasado. As OMAP son patrullas móbiles xurdidas para “dar resposta de forma máis áxil e eficiente a calquera necesidade de seguridade ou información que poidan ter os peregrinos no seu camiño a Compostela”, explicou José Miñones.

“Os resultados son moi positivos, tanto en número de actuacións como na percepción dos peregrinos e peregrinas”, indicou, “o que nos alenta a prestar de novo este servizo este ano”. Os datos achegados pola Garda Civil apuntan que en pouco máis de 100 días de operativa (netre o 1 de xullo e o 13 de outubro), as tres unidades despregadas nos Camiños en Galicia realizaron preto de 5.000 actuacións ao longo de 356 turnos de servizo. “Na maioría dos casos falamos de auxilios de tipo informativo, mecánico ou sanitario e só 21 delas causaron dilixencias por infraccións penais”, detallou o delegado.

Boa acollida

Os integrantes destas unidades recolleron a reacción positiva dos peregrinos e peregrinas ante estas oficinas, sobre todo polo feito de dispoñer ao longo da ruta de servizos que ata agora obrigaban a desprazarse ata un posto ubicado nunha vila cercana, como presentar denuncias ou trámites de documentación e información policial.

No primeiro ano de funcionamento destas unidades, a Garda Civil despregou catro oficinas OMAP nos Camiños de Santiago. Tres delas estiveron destinadas a Galicia, en concreto ás rutas nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. A cuarta estivo destinada fóra de Galicia.

As OMAP están integradas por tres axentes, son itinerantes e con horario flexible, e prestan servizos de seguridade con especial atención ás mulleres e presencia nos puntos estratéxicos onde hai habitualmente máis concentración de peregrinos.

No caso de Galicia, ademais, estas Oficinas Móbiles contaron coa colaboración dos axentes que prestan servizo cada verán en zonas turísticas de Galicia e que proceden de corpos policiais extranxeiros como o GNR de Portugal ou os carabinieri italianos.

Apoio ao Xacobeo

O delegado do Goberno remarcou que a promoción turística, a recuperación do patrimonio e a seguridade son as tres vertentes sobre as que o Goberno desprega o seu apoio á celebración do Xacobeo: “tres aspectos para un mesmo obxectivo, que é o de facer do Xacobeo un acontecemento seguro e que trascende do feito cultural ata converterse en revulsivo económico e transformador de Galicia”.

Comentarios
Lo más