jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Ducias de traballadores esixen «solucións» fronte ao Balneario do Tremo

Ducias de traballadores esixen «solucións» fronte ao Balneario do Tremo
Ducias de traballadores esixen «solucións» fronte ao Balneario do Tremo


Ducias de traballadores e traballadoras concentráronse no mediodía deste sábado fronte ao Hotel Balneario do Tremo, en Brión


 Entre consignas como «Balneario de Ramón, queremos solución» ou «queremos traballar, non emigrar», esixiron que a actual dirección do balneario readmita todo o persoal con que contaba a empresa ou que os indemnicen por despedimento improcedente.

Segundo informa CCOO, sindicato que asesora os traballadores, a empresa —anteriormente denominada Hotel Balneario de Compostela—, propiedade de Ramón López Casal, pechou a comezos do ano 2021 no marco dun procedemento concursal previo á liquidación da sociedade. Contaba nese momento cun cadro de persoal de aproximadamente trinta persoas.


O proceso concursal pechouse o 21 de maio. Menos dun mes despois, o 17 de xuño, rexístrase a nova sociedade Hotel Balneario do Tremo, que se fai cargo das instalacións e contrata só unha parte do persoal que previamente había, sen subrogarse nas súas condicións de traballo.

CCOO apoia os traballadores e traballadoras nas súas reivindicacións, esixindo que a nova sociedade, que comparte dirixentes coa anterior —entre eles o propio Ramón López Casal— se faga cargo das obrigas adquiridas pola empresa extinguida. En resumo, que readmita a totalidade do persoal ou ben proceda ao pagamento da indemnizacións correspondentes a un despedimento improcedente.

Comentarios
Lo más