jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Piden que se reestude a posibilidade dun parking subterráneo no Mercado de Abastos

Piden que se reestude a posibilidade dun parking subterráneo no Mercado de Abastos
Piden que se reestude a posibilidade dun parking subterráneo no Mercado de Abastos

O deputado popular Borja Verea lembrou que Bugallo “é o autor intelectual de todos os centros comerciais que están danando e baleirando o comercio da cidade

O presidente dos populares composteláns e deputado autonómico, Borja Verea, denunciou que “os mesmos que converteron o casco histórico nun gran decorado morto queren agora converter a Praza de Abastos nun museo”, subliñando que “xa botaron aos veciños de Santiago que hoxe están vivindo no Milladoiro, Bertamiráns ou Sigueiro; seguiron baleirando a zona vella que perdou un 25% do seu censo e agora parece que queren botar tamén aos praceiros do Mercado de Abastos para facer un museo para os turistas”.


O parlamentario mostrouse estrañado de que “unha decisión destas dimensións se tomase sen que o Alcalde se achegase a falalo cos praceiros, o que demostra que están fora da realidade”, engadindo que “unha vez que os praceiros se enfadan e denuncian as malas decisións, agora, vense obrigados a dar marcha atrás”.


“A praza de Abastos é un mercado vivo e dinámico, non é un museo, e ten que ter a suficiente flexibilidade e axilidade para poder funcionar, os praceiros, proveedores e clientes teñen que ter facilidades”, salientou Verea.


O CASCO HISTÓRICO TEN QUE COMPETIR COS CENTROS COMERCIAIS


“O concepto de cidade que ten Bugallo é moi perigoso, e hoxe estamos vivindo as consecuencias”, alertou o presidente popular e lembrou que “é o autor intelectual de todos os centros comerciais que están danando e baleirando o comercio da cidade; e agora volve facer o mesmo co polígono de Costa Vella, que se está a converter no novo Centro Comercial de toda a comarca”, subliñando que “só hai que ver as colas de coches os sábados marchando da cidade para entrar no polígono”.


“Se queremos que a cidade histórica poida competir con estes Centros Comercias hai que facer investimentos transformadores, e por suposto que un novo parking subterráneo na Praza de Abastos é un proxecto que hai que reestudar”, salientou o deputado autonómico, destacando ademais que “agora o concello de Santiago ten máis fondos e recursos que nunca, hai diñeiro europeo e nunca tantos impostos cobrou aos veciños, o que non hai son ganas, nin ambición, nin ideas”.


Borja Verea concluíu que “claro que sería unha infraestrutura complexa, pero estamos no século XXI, e se hai restos arqueolóxicos mellor recuperalos e poñelos á vista de xeito compatible co novo aparcamento, non renunciemos antes de intentalo”.

Comentarios
Lo más