Sábado con nubes en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 17 graos
O sábado Galicia queda nunha situación pouco definida entre altas e baixas presións e con fluxo de vento con compoñente leste. Agárdase un día de ceos pouco nubrados en xeral con entrada de nubes de tipo medio e alto desde o sur co avance da tarde, que mesmo poderían deixar algún chuvasco illado e ocasional . As temperaturas seguirán sen cambios significativos, con ascensos das máximas no terzo norte. O vento soprará frouxo de dirección variable.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.