jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O alcalde de Santiago, satisfeito coa resolución provisional das axudas Next Generation para a plataforma loxística de mercadorías

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse  satisfeito coa "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías de Santiago de Compostela". O importe da axuda é de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.

Queda en lista de espera, explicou, "a segunda actuación solicitada, que era a construción do aparcadoiro disuasorio de borde sito no Cruceiro da Coruña. Esta foi a primeira convocatoria, quedan 500 millóns sen resolver para a segunda, e esperanos que esa segunda proposta teña acobillo" na próxima convocatoria.

Agora estase a traballar en planeamento urbanístico para poder sacar o proxecto de licitación a través dunha fórmula, subliñou Sánchez Bugallo, que é "concurso de proxecto e obra, dados os prazos, axustados, que establece a convocatoria, na que a empresa que redacta o proxecto faise cargo dos traballos". Recordou que para novembro "ten que estar adxudicado o 60% do proxecto". 

Comentarios
Lo más