Ceos despexados este venres en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 16 graos
Durante a xornada do venres, Galicia irá recuperando progresivamente a influencia anticiclónica, cunha circulación moi marcada do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos despexados en xeral, con algunha nube no extremo norte, onde mesmo non se descarta algún chuvasco ás primeiras horas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, continuando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, moderados no interior, fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.