jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Xoves con nubes antes dunha fin de semana de sol

Xoves con nubes antes dunha fin de semana de sol
Xoves con nubes antes dunha fin de semana de sol

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 15 graos

O xoves Galicia verase afectada pola chegada dunha fronte pouco activa, que rozará o norte da Comunidade. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións febles no terzo norte e ceos con nubes altas na metade sur. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando a súa intensidade co avance do día.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán lixeiramente a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más